Pregunta. Ten a resposta.
|
Só lectura, sen datos persoais, co modelo que escollas.
A veciñanza reserva na web ou no móbil. O concello xestiona as súas instalacións. Todo libre.
NovoDispoñible enGoogle PlayA demo, xa no teu móbil


0
servidor
0
comando para instalalo
0 €
en licenzas, para sempre
∞
concellos
Para a veciñanza

Toca unha quenda libre.
Pista de pádel 1
Concello de Lugo 4.3

Na porta
E se a quenda está libre, reservas e entras no momento.
Sen cobertura na porta? As túas reservas e o QR quedan gardados no móbil.
Para o concello






|
Só lectura, sen datos persoais, co modelo que escollas.
Servidor MCP incluído: Claude, ChatGPT, Cursor…
/api/mcpUn widget que se pega e xa.

Contraste AAA e código impreso en braille.

A app, en galego, castelán, catalán e inglés.
Coas voces abertas do Proxecto Nós no teu servidor. Na web ou por teléfono, con subtítulos e sen gravar nada.
Ti: Hai algunha pista de pádel libre mañá pola tarde?
Asistente: Si, mañá hai dúas no Lalín Arena: de 16:30 a 18:00 ou de 18:00 a 19:30. Que hora che vén ben?
Instalacións e uso mensual en DCAT-AP-ES, que recolle datos.gob.es.
datos.gob.es → data.europa.euO instalador compílaa co teu logotipo, xa apuntando ao teu servidor. APK para instalar, AAB para Google Play.
Tamén para iPhone, axiña.

















As capturas amosan datos de demostración, en galego.
Libre, seguro e conforme
Base de datos, imaxes e copias de seguridade, todo na túa casa. Sen nubes de terceiros nin rastrexadores.
$ mkdir librequenda && cd librequenda$ curl -fsSLO https://raw.githubusercontent.com/TriboSolutions/LibreQuenda/main/install.sh$ bash install.shUnha estrela axúdanos a chegar a máis concellos.
O que adoita preguntar un concello.
LibreQuenda é software libre (AGPL-3.0) para reservar e xestionar instalacións deportivas municipais. A veciñanza atopa instalacións, reserva quendas libres e rexistra a entrada na porta desde a web ou unha app Android; o concello xestiona instalacións, horarios, normas, eventos e incidencias nun só panel. Faino Tribo Solutions para os concellos galegos.
Nada en licenzas, nin agora nin no futuro: é software libre baixo a licenza AGPL-3.0. O único custo é o servidor onde o instala o concello (un servidor Linux con 2 GB de RAM abonda) e, se o quere, o soporte que contrate.
No servidor do propio concello. A base de datos, as imaxes e as copias de seguridade quedan alí, sen nubes de terceiros, sen publicidade e sen rastrexadores.
Si. Unha mesma instalación serve a un concello ou a moitos, por exemplo unha mancomunidade ou unha deputación, e cada concello queda illado na base de datos.
Si. Ademais da web, o instalador compila unha app Android co nome e o logotipo do concello, xa apuntando ao seu servidor: un APK para instalar directamente e un AAB para Google Play. A app para iPhone está prevista.
Si. Cada instalación inclúe un servidor MCP en https://<dominio>/api/mcp. Claude, ChatGPT, Cursor e outros axentes poden buscar instalacións e quendas libres e reservar, cancelar ou unirse a partidas en nome dunha persoa, coas mesmas normas ca na web e sen ver nunca o seu contrasinal.
Si, se a instalación acende a liña de voz: na web ou por teléfono, un asistente en galego busca quendas libres e reserva. Escoita e fala cos modelos abertos do Proxecto Nós no propio servidor, o modelo de linguaxe escóllese (Claude ou un de pesos abertos no teu servidor), ten subtítulos en directo e non grava nin o audio nin o texto.
Si. Cada concello pode publicar as súas instalacións e o seu uso mensual, sen datos persoais, nun catálogo DCAT-AP-ES que datos.gob.es recolle só e que chega tamén a data.europa.eu.
Si. Cumpre WCAG 2.1 AA e os criterios AAA que se aplican, e a norma UNE-EN 301 549, comprobado automaticamente en cada cambio. Cada persoa pode descargar os seus datos e borrar a súa conta cando queira.
Nun servidor Linux con Docker Compose v2, dous dominios (a web e o inicio de sesión), os portos 80 e 443 e unha conta SMTP. Descárgase o instalador, execútase e pregunta o necesario; en poucos minutos está listo.