# LibreQuenda

> Software libre para que os concellos xestionen as súas instalacións deportivas e a veciñanza reserve na web ou no móbil.

A pista do concello, a un toque. A veciñanza reserva na web ou no móbil. O concello xestiona as súas instalacións. Todo libre.

- Software libre · AGPL-3.0: https://github.com/TriboSolutions/LibreQuenda
- Proba a demo: https://demo.librequenda.app
- Google Play: https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.tribo.librequenda
- Instalar: https://librequenda.app/instalar/
- Proposta para o I Certame GOBTEC de Software Libre (AGASOL, 2026) · Tribo Solutions

- 4 comando para instalalo
- 5 servidor
- 2 concellos
- 0 € en licenzas, para sempre

## Para a veciñanza: Reservar sen chamar a ninguén.

- Atopa: Todas as instalacións, na lista ou no mapa.
- Reserva: Unha quenda libre, as normas e listo.
- Xoga con máis xente: Convida ou abre a partida a quen estea preto.
- Apúntate: Torneos e actividades do concello.
- Valora e avisa: Estrelas despois de xogar, avisos se algo falla.

## Na porta: Rexistra a entrada como mellor che vaia.

E se a quenda está libre, reservas e entras no momento.

- Lector QR
- Código
- QR na porta
- Etiqueta NFC
- Persoal

## Para o concello: Todo nun só panel.

- Instalacións
- Reserva manual
- Eventos
- Indicadores
- Incidencias
- Rexistro

### Fala cos datos: Pregunta. Ten a resposta.

Só lectura, sen datos persoais, co modelo que escollas.

- Que horas se enchen antes os sábados?
- Que instalación tivo máis cancelacións?
- Como foi outubro fronte ao ano pasado?

### Reserva desde un axente de IA

Servidor MCP incluído: Claude, ChatGPT, Cursor… `https://<domain>/api/mcp` (Streamable HTTP).

### Na web do concello

Un widget que se pega e xa.

### Accesible de verdade

Contraste AAA e código impreso en braille.

### No teu idioma

A app, en galego, castelán, catalán e inglés.

## A túa app Android, co teu nome.

O instalador compílaa co teu logotipo, xa apuntando ao teu servidor. APK para instalar, AAB para Google Play. Tamén para iPhone, axiña.

## Libre, seguro e conforme: Do concello. Non dun provedor.

Os datos non saen do teu servidor. Base de datos, imaxes e copias de seguridade, todo na túa casa. Sen nubes de terceiros nin rastrexadores.

### Software libre

- Licenza AGPL-3.0
- Úsao, estúdao, modifícao, compárteo
- Un concello ou moitos, na mesma instalación
- Sen depender dun provedor
- Ficha publiccode.yml para catálogos públicos

### Accesibilidade

- WCAG 2.1 AA e os criterios AAA que se aplican
- UNE-EN 301 549
- Declaración de accesibilidade (RD 1112/2018)
- Comprobado automaticamente en cada cambio

### RGPD

- Cada persoa descarga os seus datos
- E borra a súa conta cando queira
- Sen publicidade nin rastrexadores
- Exportacións e asistente, só con datos agregados

### Seguridade

- Cada concello, illado na base de datos
- Límites de intentos no inicio de sesión
- Copias de seguridade diarias
- Imaxes analizadas contra vulnerabilidades
- Rexistro de cada cambio administrativo

### Instálao en tres liñas

```sh
mkdir librequenda && cd librequenda
curl -fsSLO https://raw.githubusercontent.com/TriboSolutions/LibreQuenda/main/install.sh
bash install.sh
```

## Preguntas frecuentes

### Que é LibreQuenda?

LibreQuenda é software libre (AGPL-3.0) para reservar e xestionar instalacións deportivas municipais. A veciñanza atopa instalacións, reserva quendas libres e rexistra a entrada na porta desde a web ou unha app Android; o concello xestiona instalacións, horarios, normas, eventos e incidencias nun só panel. Faino Tribo Solutions para os concellos galegos.

### Canto custa?

Nada en licenzas, nin agora nin no futuro: é software libre baixo a licenza AGPL-3.0. O único custo é o servidor onde o instala o concello (un servidor Linux con 2 GB de RAM abonda) e, se o quere, o soporte que contrate.

### Onde se gardan os datos?

No servidor do propio concello. A base de datos, as imaxes e as copias de seguridade quedan alí, sen nubes de terceiros, sen publicidade e sen rastrexadores.

### Pode usalo máis dun concello á vez?

Si. Unha mesma instalación serve a un concello ou a moitos, por exemplo unha mancomunidade ou unha deputación, e cada concello queda illado na base de datos.

### Hai app para o móbil?

Si. Ademais da web, o instalador compila unha app Android co nome e o logotipo do concello, xa apuntando ao seu servidor: un APK para instalar directamente e un AAB para Google Play. A app para iPhone está prevista.

### Pode reservar un axente de IA?

Si. Cada instalación inclúe un servidor MCP en https://<dominio>/api/mcp. Claude, ChatGPT, Cursor e outros axentes poden buscar instalacións e quendas libres e reservar, cancelar ou unirse a partidas en nome dunha persoa, coas mesmas normas ca na web e sen ver nunca o seu contrasinal.

### Pódese reservar falando?

Si, se a instalación acende a liña de voz: na web ou por teléfono, un asistente en galego busca quendas libres e reserva. Escoita e fala cos modelos abertos do Proxecto Nós no propio servidor, o modelo de linguaxe escóllese (Claude ou un de pesos abertos no teu servidor), ten subtítulos en directo e non grava nin o audio nin o texto.

### Publica datos abertos?

Si. Cada concello pode publicar as súas instalacións e o seu uso mensual, sen datos persoais, nun catálogo DCAT-AP-ES que datos.gob.es recolle só e que chega tamén a data.europa.eu.

### É accesible e cumpre o RGPD?

Si. Cumpre WCAG 2.1 AA e os criterios AAA que se aplican, e a norma UNE-EN 301 549, comprobado automaticamente en cada cambio. Cada persoa pode descargar os seus datos e borrar a súa conta cando queira.

### Como se instala?

Nun servidor Linux con Docker Compose v2, dous dominios (a web e o inicio de sesión), os portos 80 e 443 e unha conta SMTP. Descárgase o instalador, execútase e pregunta o necesario; en poucos minutos está listo.
