Instalación
No teu servidor, en minutos.
Un instalador, imaxes xa compiladas e nada máis.
Que precisas
Un servidor Linux
Docker con Compose v2 e curl. 2 GB de RAM.
Dous dominios
A web e o inicio de sesión, p. ex. reservas.concello.gal e auth.reservas.concello.gal.
Portos 80 e 443
HTTPS con Let's Encrypt, ou o teu propio proxy diante.
Unha conta SMTP
Para confirmacións, recordatorios e códigos.
Tres pasos
- 1
Descarga e executa o instalador
Pide os dominios, a primeira persoa administradora e o SMTP. Xera os segredos e arrinca todo.
$ mkdir librequenda && cd librequenda$ curl -fsSLO https://raw.githubusercontent.com/TriboSolutions/LibreQuenda/main/install.sh$ bash install.sh - 2
Entra na administración
Abre https://<o teu dominio>/admin e inicia sesión.
- 3
Crea o teu concello
Engade as instalacións, os horarios e as normas. Listo para reservar.
Garda unha copia de .env (e de android/ se compilas a app) nun lugar seguro. Sen ZITADEL_MASTERKEY non se poden restaurar as copias de seguridade.
Actualizar
$ bash install.sh update A túa app Android
Co teu nome e logotipo. Compílase en Docker (uns 4 GB de RAM).
$ bash install.sh app